anbb

anbb.jpg

Pois xusto despois de que Alva Noto e Blixa Bargeld pasaran polo Sónar publican "Ret Marut Handshake". Foi toda unha sopresa ver moita xente no auditorio e ainda máis que gustasen tanto, incluso aos que non sabían deles. Como Internet provee de case todo e eu quero espallar a felicidade e o amor polas cousas que me gustan, acabo de subir ao meu Dropbox o EP coas súas cinco cancións. Descarguen, que mola un cacho.

E para os cazadores de versións hai dúas enormes. A primeira é 'One' de Harry Nilsson (que igual alguén lembra por outra versión: a de Aimee Mann na banda sonora de Magnolia) e que eu xa teño en repetir infinitas veces no iTunes. A segunda é 'I Wish I Was A Mole In The Ground' unha canción tradicional estadounidense.

ascárida, 23 de Junio ás 00:42

1 comentario

Non sei se a gratitude é infinita, pero deberia selo para casos coma este.

Deixa un comentario:

Podes usar algo de HTML: a href, b, i, br/, p, strong, em, ul, ol, li, blockquote, pre

Powered by Movable Type This blog is licensed under a Creative Commons License.