Un home, un can, unha muller, un can, unha cagada por cada can. Un cagadoiro para cans. Sento nas escaleiras e boto un pitillo, despois outro. Todos saudan, os homes e as mulleres, non os cans. Debe ser certo eso que din nas películas, o consello para un disfuncional sempre é que merque un can. Tamén marchan todos cun "ata logo", coma se nos fósemos ver mañán, educación é o mínimo que debes ter cando é o teu can o que lle mete as narices no cú ó do lado. Pero ei, eu non teño can, nin quen me leve da correa.