Entroume pedindo un euro, cando mentín a man no peto pediu dous. Ía decir algo da fame que pasa, corteino e díxenlle non fai falta, sorrinlle con gana de gustarlle. Dinlle o que me pediu, botoume a man no ombreiro, desexoume un día feliz, de corazón, cuns ollos moi brillantes. E entón quíxeno un pouco moito.