<__trans phrase="Main">

persoal <__trans phrase="Archives">

September 10, 2007

Cualidades boas e malas

Si, creo que si, gústanme os días así. E no futuro menos futuro de todos os futuros supoño que levaría unha vida coma esta pero, ves?, mírame aquí, facendo a volta contigo de amigo invisible, e non sei se ten sentido non compartilo.

September 13, 2007

Complace al pocho

Entroume pedindo un euro, cando mentín a man no peto pediu dous. Ía decir algo da fame que pasa, corteino e díxenlle non fai falta, sorrinlle con gana de gustarlle. Dinlle o que me pediu, botoume a man no ombreiro, desexoume un día feliz, de corazón, cuns ollos moi brillantes. E entón quíxeno un pouco moito.

September 23, 2007

Espazos defendibles

Cando dou a volta, cando subo dende a FNAC ata a estación de autobuses, cando camiño soa, porque cando ando soa fagoo dun xeito diferente, con algo de medo e sorrindo un pouco, cando te miro, cando me gustas, cando imaxino as cousas que teremos en común, só porque levas esa camiseta, eses tacóns, ese libro, ese portátil, porque falas dese debuxante, porque tes ese pelo, eses lentes, cando elixo non levarte por diante, cando pasas ó meu carón, entón qué pensarás de min?

Común

Un home, un can, unha muller, un can, unha cagada por cada can. Un cagadoiro para cans. Sento nas escaleiras e boto un pitillo, despois outro. Todos saudan, os homes e as mulleres, non os cans. Debe ser certo eso que din nas películas, o consello para un disfuncional sempre é que merque un can. Tamén marchan todos cun "ata logo", coma se nos fósemos ver mañán, educación é o mínimo que debes ter cando é o teu can o que lle mete as narices no cú ó do lado. Pero ei, eu non teño can, nin quen me leve da correa.

December 1, 2007

Xustificante

Quen é máis forte, o que pensa que o que soña é mellor ou o que pensa que a realidade é mellor?

December 15, 2007

Older than dirt

Por primeira vez en anos sinto ganas de nadar, non o fago pola preguiza de desfacerme dos pelos das pernas. Agora son eso, unha tipa que non quere depilarse. E superada polos pelos do corpo, quedo na cama.

January 14, 2008

O día que cambiei a Joy Division por Johnny Cash

If we want to know what it means to be mortal, we need look no further than the Man in Black. Blessed with a profound imagination, he used the gift to express all the various lost causes of the human soul. This is a miraculous and humbling thing. Listen to him, and he always brings you to your senses.

Remembering Johnny, Bob Dylan

January 19, 2008

Arquitecturas

Estabamos falando de rupturas, de como se transforman as persoas despois, de se un se fai máis un mesmo ou máis outro. Ela dixo que sempre se perde peso despois dalgo así, que é unha lei universal e un sinal, "pásalle a todo o mundo". Eu mireina jodida, "eu estou engordando".

January 21, 2008

Entre si

Escribo esto nun E coa marca da sintaxe nunha linguaxe que non coñezo: C++. Un exercizo de autoafirmación bastante gilipollas, e o que vai de post tamén. Eu non podo escribir nun Word, nin siquiera teño instalado un procesador de textos. Pois ben, toda a miña puta vida é así.

January 22, 2008

Cañas post-curro

Bendita anestesia. Ou como dixo un compañeiro: eu víñame emborrachar.

February 2, 2008

Cañas post-curro II

Ou como o licorcafe o bota todo por fóra.

February 27, 2008

Mandándome ir cagar, again

Porque é mellor que cegarse e finxir.

March 4, 2008

Hai que saber que nome ten

É o que só sucede, botándoseche por riba.

March 7, 2008

Eleccións 2008

Porque non quero ou non me queren, eu non teño a quen votarlle. Mañán sen permiso heino levar escrito na cara. Nótaseme ben.

March 12, 2008

Non lle hai que facer

Del só sei que se chama Fran, e eso se me fío do nome do seu equipo. Fran conecta á miña rede todos os días ás nove e media da noite, eu todos os días tento conectarme ao seu equipo sen conseguilo.

Fran, se les esto, comparte conmigo un directorio, non quero máis, faime un sitio para poñerche emepetrés, e fotos de cousas e arquivos txt.

<__trans phrase="About"> persoal

<__trans phrase="This page contains an archive of all entries posted to [_1] in the [_2] category. They are listed from oldest to newest." params="ascárida%%persoal">

<__trans phrase="[_2] is the previous category." params="http://ascarida.net/arquivo/categoria/musica.html%%música">

<__trans phrase="[_2] is the next category." params="http://ascarida.net/arquivo/categoria/visto_na_rede.html%%visto na rede">

<__trans phrase="Many more can be found on the main index page or by looking through the archives." params="http://ascarida.net/%%http://ascarida.net/archives.html">

<__trans phrase="_POWERED_BY">