Fóra vai frío.Ás veces fico de pé eu só na escuridade.
Ás veces deítome coma unha illa no xélido mar e tremo cos arrepíos.
Baldvin, o rei de Inglaterra, tiña razón: non coidei ben dos meus anxos.
Hai moito tempo que caeron á terra e vagan coas ás cortadas polos corredores desta casa misteriosa, onde os días pasan no preguiceiro vacío de todo o que desapareceu, se queimou ou se perdeu.
Einar Már Gudmundsson