Polo menos non gastei os cartos

| | Comments (6) | TrackBacks (0)

The Go! Team - Ladyflash

O concerto foise ao carallo en canto lle adicaron un tema instrumental lentiño a todos os que teñen a alguén especial na vida. Que cousa tan cursi. Que gana de matar coas mans. Que mal tanto buenrollo.

0 TrackBacks

Listed below are links to blogs that reference this entry: Polo menos non gastei os cartos.

TrackBack URL for this entry: http://www.ascarida.net/cgi-bin/mt-tb.cgi/168

6 Comments

¿Aforraches os cartos? ¿Era o concerto de balde?
Eu estiven por me achegar, máis coma xa os vira antes, tirabame para atrás...
¿Aprenderon a tocar e coordinarse nestes 3 meses?

Ademáis eso, tocan de pena, só hai que ver ese video para darse conta. Creo que fan moito ruido para que non se note.

¿A alguén lle pasou que correu a comprar un disco(bueno ou a conseguilo) logo dun bó concerto? (Outros montaron grupos e iso que o concerto non fora bó) No meu caso, borrei todas as súas cancións do iPod.

Pasoume algunha vez, poucas porque case sempre vou co disco escoitado e algunhas (ou todas) as cancións aprendidas (se teñen letra que aprender). Tamén é certo que non vou a moitos concertos de xente que non coñeza de antes, por aquelo de non tirar cos cartos... Pasoume, por exemplo, con Rocío Jurado, non é coña.

Pois para min é un mal hábito arraigado (o de ir a concertos de grupos que non teño escoitados). De feito é unha das cousas que máis me motiva ir ós festivais: ver a grupos que non tiña escoitado (ou que tiña escoitado moi pouco).

Supoño que teño tirado moitos os cartos, pero bueno, tamén teño tido experiencias divertidas, e non está mal. De feito podemos plantexalo coma ir ó cine sabendo xa coma acaba a película. ;-)

De todas formas admito que o raro son eu. O meu amigo Polo eche coma ti, de que só vai a grupos que lle gusta, que se aprende todas as súas cancións, e que esta todo o rato cantandoas e tal. (Cousa que me irrita un pouco: se quero oilo cantar a el vou ó karaoke).

Por certo... ¿que hce pasou con Rocío Jurado? ¿Que non sabías as cancións? Vergoña te había dar.

A Jurado foi cantar ás festas de Arteixo cando eu tiña, non sei, 18 ou 19 anos. A miña amiga Águeda quería ir non sei moi ben por que, creo que por facer a petardada, non lle sabiamos máis canción que 'Como una ola', e nada máis ca os coros. Convenceume e fun, rosmando todos os prexuizos que lle tiña, eso si. E unha vez alí, carallo, impresionoume. O que máis, as cancións que lle compuxo Manuel Alejandro, que son tremendas.

Leave a comment

About this Entry

This page contains a single entry by ascárida published on August 25, 2008 10:38 AM.

Puta fábrica was the previous entry in this blog.

Eu son a Revolución is the next entry in this blog.

Find recent content on the main index or look in the archives to find all content.

Pages

Powered by Movable Type 4.1