Os gobernantes deste mundo

| | Comments (1) | TrackBacks (0)
Despois de todo, a verdadeira razón pola que, unha vez que o poder está nas mans do pobo, se lle permite a unha maioría gobernar durante un longo período de tempo, non é por ser máis probábel o teren eles razón, nin porque lles pareza máis xusto á marioría, senón porque fisicamente son máis fortes. Mais un goberno no que a maioría decida en todos os casos non pode estar baseado na xustiza polo menos tal e como os homes entenden a xustiza. ¿Non pode haber un goberto no que non sexa a marioría, senón a conciencia, a que decida o que está ben e o que está mal? ¿No que as mariorías decidan só sobre algunhas cuestións nas que sexa aplicabel a norma de conveniencia? ¿Debe o cidadán, sequera por un momento e ainda que sexa na máis mínima medida, abdicar da súa conciencia en beneficio do lexislador? Se é así, ¿para que teñen os homes conciencia? Eu creo que deberiamos ser priemiro homes e súbditos despois. Non é desexabel cultivar o respeto pola lei, senón pola xustiza. A única obriga que teño o dereito de asumir é a de facer en todo momento o que eu considere xusto. Xa se dixo, ben acertadament, que unha sociedade comercial non ten conciencia, pero unha sociedade comercial de homes con conciencia é unha sociedade con conciencia.

Henry D. Thoreau - Desobediencia civil (español PDF, portugués PDF, inglés varios formatos)

0 TrackBacks

Listed below are links to blogs that reference this entry: Os gobernantes deste mundo.

TrackBack URL for this entry: http://www.ascarida.net/cgi-bin/mt-tb.cgi/154

1 Comments

me gustó que nos recordaras la conciencia, el asunto sigue dando problemas desde el puritanismo

Leave a comment

About this Entry

This page contains a single entry by ascárida published on June 13, 2008 12:25 PM.

Os dereitos da explotación capitalista was the previous entry in this blog.

Che fece... el gran rifiuto is the next entry in this blog.

Find recent content on the main index or look in the archives to find all content.

Pages

Powered by Movable Type 4.1