A certa xente chégalle un día
en que debe dar o gran Si ou o gran Non.
Pronto se descobre quen leva
preparado no seu interior o Si e, ao dicilo,
segue vivindo na súa honra e convicción.
Quen dixo Non, non se arrepinte. Repetíndolle
a cuestión, de novo dirá Non. Pero ese Non -xusto-
vaino angustiar toda a súa vida.

Leave a comment