Save Polaroid

| | Comments (5)

save polaroid

Coas fábricas de Polaroid pechadas dentro de nada as nosas cámaras serán tan útiles coma os pastorciños de porcelana. O único que nos queda é agardar a que Polaroid licencie os productos para que outras compañías (as que máis papeletas teñen, por seguir apostando pola química, son Ildford e Fuji) continúen fabricando o marabilloso invento da película autorevelable.

E por se eso non pasa, unha cousa que podemos facer coas nosas cámaras é convertilas en webcams.

E por se queren que pase, en Save Polaroid teñen unha morea de ideas para os que non se resignan.

5 Comments

Sí, xa podía ir a cagar a era dixital e deixar de asfixiar este tipo de "marabillas da era analóxica" :(

Non me para de rondar a cabeza ese post de geektechnique...pero non atopo quen queira sacrificar a súa polaroid :-/

Eu non teño nada en contra da fotografía dixital, entendo perfectamente que todo o mundo se tire a ela, sen fotografía dixital non habería milleiros de marabillosas fotografías en Flickr. Tampouco me parece tan terrible que Polaroid abandone a fotografía, só mo parece que non licencia os seus productos e deixa que a milleiros de persoas nos morra unha afición.

Si en parte Polaroid non licencia os seus productos é porque non lle ve ningún beneficio, pero....

¿Estarase gardando para un revival?

Beneficio... é algo complicado de medir eso do "beneficio". En canto a licenciar productos, Polaroid estivo anos facendo "trampa" co papel, deixou de vender algún dos tipos máis raros pero seguía fabricando tiradas limitadas deses papeis para outros que vendían baixo a súa propia marca. Hai bastantes posibilidades de que licencie, espero.

Un 'revival' é posible, co marketing axeitado... só hai que mirar para todo o mundo da lomografía, consiguen vender centos de miles de cámaras, e cada vez son máis e máis caras.

A carallada que teñen estas historias dos revival é o seu _tufillo seudo andergraun_ que é o que as fai atractivas.

Aposta o que queiras a que se todo o mundo tibese unha lomo estaríamos todos pedindo por favor algún adianto tecnolóxico para librarnos desa basurilla de calidade (os vinilos?, laserdisc?, os Mini Cooper?...)

E espera un pouquiño, que ahí volven os VHS...miedito!

About this Entry

This page contains a single entry by ascárida published on March 15, 2008 10:21 PM.

Non lle hai que facer II, motivos para a incomunicación was the previous entry in this blog.

XGN 2008 is the next entry in this blog.

Find recent content on the main index or look in the archives to find all content.

Pages

Powered by Movable Type 4.1