Del só sei que se chama Fran, e eso se me fío do nome do seu equipo. Fran conecta á miña rede todos os días ás nove e media da noite, eu todos os días tento conectarme ao seu equipo sen conseguilo.
Fran, se les esto, comparte conmigo un directorio, non quero máis, faime un sitio para poñerche emepetrés, e fotos de cousas e arquivos txt.

Intentar intercambiar bits é o moderno euivalente ó intercambio de fluidos ou só unha actualización de prestar o sal?
É a leria de sempre, Fran non me quere.